O grao do adxectivo
A calidade que expresa o adxectivo pode presentar maior ou menor intensidade. Por exemplo, dos ollos dunha persoa podemos dicir que son azuis, que son moi azuis, que son tan azuis como o ceo, que son os máis azuis de todos os que coñecemos...
Para expresar esa maior ou menor intensidade existen os chamados graos do adxectivo, que son tres:
| Grao positivo | Grao comparativo | Grao superlativo | |
| Expresa unha calidade sen comparala nin intensificala. | Compara a mesma calidade atribuída a dous substantivos; ou dúas calidades atribuídas a un substantivo. | Expresa a calidade en grao máximo ou mínimo. | |
| ollos azuis |
ten os ollos tan azuis como o ceo (un adxectivo: azuis // dous substantivos: ollos e ceo) hoxe o ceo está máis gris ca azul (un substantivo: ceo // dous adxectivos: azul e gris) |
ollos moi azuis ollos azulisimos os ollos máis azuis de todos |
|
| Pode ser | Comparativo de igualdade: André é tan intelixente coma Xiana | Superlativo absoluto: Xiana é moi intelixente | |
| Comparativo de inferioridade: André é menos intelixente ca Xiana | Superlativo relativo: Xiana é a máis intelixente da clase | ||
| Comparativo de superioridade: André é máis intelixente ca Xiana | |||
A formación do comparativo
| IGUALDADE |
TAN + adxectivo + COMO / COMA + 2º termo está tan colorado como / coma un tomate está tan colorado coma ti |
| SUPERIORIDADE |
MÁIS + adxectivo + CA / QUE / DO QUE + 2º termo está máis fresca ca / que unha leituga está máis fresca do que aparenta |
| INFERIORIDADE |
MENOS + adxectivo + CA / QUE / DO QUE + 2º termo é menos suave ca unha lixa! está menos triste do que pensabamos |
Para saber cando se usa cada unha das partículas comparativas (como, coma, ca, que e do que) pasa ao apartado seguinte (ortografía).
A formación do superlativo
| SUPERLATIVO |
||||||
| ABSOLUTO: ten dúas formas, por exemplo: clarísimo = moi claro | ||||||
| SINTÉTICO (nunha soa palabra) |
||||||
|
Engádese ao adxectivo o sufixo -ÍSIMO: fácil > facilísimo Cando o adxectivo remata en vogal átona, esta suprímese ao unirlle o sufixo: grande > grandísimo |
||||||
| Os adxectivos rematados en -BLE forman o superlativo en -BILÍSIMO: amable > amabilísimo | ||||||
|
Hai adxectivos con unha forma especial, máis culta que o adxectivo: antigo > antiquísimo; sabio > sapientísimo; cru > crudísimo; fiel > fidelísimo |
||||||
|
Existe aínda outro superlativo, de carácter máis culto, co sufixo -ÉRRIMO, que só se utiliza nuns poucos adxectivos: célebre > celebérrimo; mísero > misérrimo; pobre > papérrimo... |
||||||
| ANALÍTICO (con dúas palabras) |
||||||
|
Anteponse o adverbio MOI ao adxectivo: moi claro Tamén poden ser outros adverbios como BEN, EXTRAORDINARIAMENTE, INMENSAMENTE...: ben claro, extraordinariamente alegre, inmensamente feliz... |
||||||
| RELATIVO | ||||||
|
Fórmase mediante esta combinación: artigo + MÁIS / MENOS + adxectivo + DE / ENTRE + 2º termo
|
||||||
Formas especiais de comparativo e superlativo
Existen unhas formas especiais nun grupo de adxectivos, tanto para comparativo como para superlativo. Son as seguintes:
| Positivo | Comparativo |
Superlativo |
| bo | mellor | óptimo |
| malo | peor |
pésimo |
| grande | maior | máximo |
| pequeno | menor |
mínimo |
| alto | superior | supremo |
| baixo | inferior |
ínfimo |