Descrición obxectiva e descrición subxectiva
As primeiras ofrecen unha visión real, na que todos coincidimos, do obxecto descrito, e aparecen en textos de carácter académico (por exemplo nas leccións dos libros de texto), administrativo (por exemplo nun informe que fai o responsable dun centro deportivo sobre o estado das pistas de atletismo para solicitar a súa reparación) ou xornalístico (por exemplo a descrición do lugar onde se produciu un accidente). Pola contra as descricións subxectivas están condicionadas polo criterio persoal de quen describe, coa intención de idealizar, deformar ou transmitir determinadas sensacións e aparece con frecuencia na literatura e na publicidade.
| As descricións |
|
| Obxectivas = denotativas = realistas |
Subxectivas = connotativas = non realistas
|
|
|
Actividade de lectura
|
Adiós, ríos; adios, fontes;
Miña terra, miña terra, |
Estes versos son a primeira parte dun poema de Rosalía de Castro. A súa temática é a emigración: no poema fala un emigrante que se despide das paisaxes do seu lugar nativo pensando en que tal vez non volva regresar.
A palabra "adios" é un castelanismo en lugar do correcto "adeus". Non é correcto tampouco o verbo "conozo"; no seu lugar dise "coñezo". |
1. Que che parece máis importante no poema, o lugar que se describe ou os sentimentos do emigrante? Cales son eses sentimentos?
2. No poema aparecen figuras retóricas basedas na repetición de palabras e na enumeración. Localízaas.
3. Atopas algún diminutivo? Que valor cres que ten o seu uso?
4. Ao longo do poema hai unha palabra que se repite con maior frecuencia, cal é? Ten relación co tema do poema?
5. Cres que se trata dunha descrición obxectiva ou subxectiva? Explica a razón.
Actividade
Nesta imaxe tomada da páxina web dunha empresa de turismo rural (http://www.aldeadomazo.com/) hai dous pequenos textos; un é poema de Uxío Novoneyra e o outro, o inicio da descrición da Aldea do Mazo.
Que tipo de descrición pensas que se dá en cada texto? Explica as razóns nas que te baseas.