Saltar la navegación

Autoavaliación 08

Comproba os teus coñecementos

Sinala as afirmacións verdadeiras:

Pregunta 1

O adxectivo concorda co substantivo ao que modifica.

Pregunta 2

Cando hai máis dun substantivo, o adxectivo concorda en masculino aínda que todos sexan femininos.

Pregunta 3

Cando hai máis dun substantivo o adxectivo concorda en masculino se todos son masculinos.

Pregunta 4

Cando hai máis dun substantivo o adxectivo concorda en masculino se uns son masculinos e outros femininos.

Pregunta 5

Se hai varios substantivo o adxectivo vai en plural aínda que todos os substantivos sexan singulares.

Pregunta 6

Cando o adxectivo vai antes de varios substantivos concorda co máis próximo en xénero e número.

Pregunta 7

Cando o adxectivo vai antes de varios substantivos de distinto xénero pode ir en calquera xénero e en calquera número.

Pregunta 8

O adxectivo normalmente vai antes do substantivo ao que acompaña.

Pregunta 9

Na maior parte dos casos o adxectivo vai despois do substantivo ao que acompaña.

Pregunta 10

Un gran home é un home de grande estatura.

Pregunta 11

As oracións "ten un novo balón" e "ten un balón novo" non significan o mesmo.