O retrato
Obxectivos
Despois de rematar o traballo desta sección debes ser quen de:
- Facer o retrato dunha persoa para, por exemplo, incluír a súa descrición nun relato ou facer o retrato robot dunha persoa desaparecida.
Para iso coñecerás previamente:
- O léxico relacionado co corpo humano
- denominacións das partes do corpo,
- significados derivados da palabra "man",
- verbos e adxectivos relacionados coas partes do corpo.
- Nocións básicas sobre como elaborar a descrición dunha persoa.
Índice de contidos
1. Léxico básico do corpo humano.
- Actividades xerais.
- Actividades a partir do léxico da man e os dedos.
- Actividades con expresións e frases feitas a partir da palabra man.
2. Como describir unha persoa.
- Léxico para realizar a descrición dunha persoa.
- Actividade práctica.