Indice xeral de contidos
Obxectivos
Cando remates este traballo, serás capaz de :
- Definir palabras, describir obxectos ou retratar literariamente persoas.
Para iso, previamente debes coñecer:
- Que é unha descrición.
- Que son as descricións técnicas, onde aparecen e cal é a súa finalidade.
- Que son as definicións e que diferenzas hai entre dicionarios e enciclopedias.
- Como se definen os substantivos concretos.
- Que é un hiperónimo.
- Que é a descrición literaria, cales son as súas funcións e as súas características.
- Que tipos de descrición hai segundo o obxecto da mesma.
- Que diferenzas hai entre unha descrición obxectiva e unha descrición subxectiva.
- Cal é o procedemento para elaborar unha descrición.
- O léxico relacionado co corpo humano
- Como elaborar a descrición dunha persoa.
- Cales son as características lingüísticas dos textos descritivos
- En que se distinguen adxectivos e substantivos.
- Algúns recursos literarios usados nas descricións.
- Que todas as linguas teñen variedades dentro da súa unidade.
- Cales son esas variedades.
- Cales son os rexistros dunha lingua, a que se deben e cales son as súas características.
Contidos