Saltar la navegación

Autoavaliación 13

Comproba os teus coñecmeentos

Sinala as afirmacións que son totalmente correctas:

Pregunta 1

Todas as linguas teñen unha única forma de falarse, aínda que algunhas persoas falan con incorreccións.

Pregunta 2

Todas as linguas teñen distintas formas de falarse e iso non quere dicir que sexan formas incorrectas de falar.

Pregunta 3

As variedades dunha lingua débense a distintos factores, como a época histórica ou a profesión da persoa que fala, por exemplo.

Pregunta 4

As variedades diatópicas, tamén chamadas rexistros, teñen que ver co lugar xeográfico onde se fala unha lingua.

Pregunta 5

As variedades diastráticas ou niveis débense á formación e profesión da persoa que fala.

Pregunta 6

Dúas persoas amigas non falan o mesmo entre si que se estivesen falando con descoñecidos.

Pregunta 7

O tema do que se fala nunca inflúe na forma de falar.

Pregunta 8

Distinguimos dous rexistros: un dialectal e outro informal ou coloquial.

Pregunta 9

Unha pronuncia coidada e un vocabulario preciso son, entre outras, características dun rexistro formal.

Pregunta 10

Se a unha persoa lle escoitamos usar palabras "comodín", como chisme ou aquelar, dicimos que está usando un rexistro coloquial.

Pregunta 11

O normal é que nas conversas de familia e amizade se utilice un rexistro formal.