Comúns e propios
Os substantivos propios indican un ser único distinguíndoo dos demais da súa especie. Por exemplo "Pedro" é un nome de home e distingue a quen leva ese nome de todos os demais homes que levan outro nome distinto; "Miño" é o nome dun río e distíngueo dos outros ríos.
O substantivos ou nomes propios poden designar persoas, animais, lugares, accidentes xeográficos etc. Estas són as súas denominacións:
| os que designan |
denomínanse |
por exemplo |
| persoas | antropónimos |
Iria, Xurxo, Fuco... |
| lugares | topónimos | Viveiro, París, Suecia... |
| mares e correntes de auga | hidrónimos |
Eo, Sar, Atlántico... |
Os substantivos ou nomes comúns seres ou obxectos dunha mesma especie ou conceptos abstractos. Por exemplo, o termo "muller", nome común, indica un ser concreto e ese mesmo nome aplícase a todos os da súa especie, é dicir a todas as "mulleres"; pola contra "Carme" é nome propio de muller e aplícase só a unha fronte ás demais mulleres.
Actividade
Algúns substantivos oriximariamente comúns trasfórmanse en propios en determinados casos: así, por exemplo, algúns nomes de plantas (comúns polo tanto) acaban converténdose no nome dun lugar caracterizado pola abundancia ou pola presenza destacada desa planta. Isto é o que sucede con "carballo", determinado tipo de árbore, que despois pasa a ser o nome dunha vila e concello da comarca de Bergantiños; o mesmo sucede con "ferreiro" nome dunha profesión, que se acaba convertendo en apelido.
| carballo | Carballo | ferreiro | C.E.Ferreiro |
![]() aamaianos (Flickr)
|
![]() www.carballo.org
|
Daniel Burgui Iguzkiza (Flickr)
|
![]() (http://consellodacultura.org)
|


