Contables e incontables
| Os substantivos concretos poden ser |
CONTABLES, DESCONTINUOS ou XENÉRICOS |
| INCONTABLES, CONTINUOS ou DE MATERIA |
Os contables (tamén chamados descontinuos ou xenéricos) designan entidades que se poden contar: rapaz, bolboreta, estoxo... Podemos dicir dous rapaces, tres rapaces, seis estoxos...
Os incontables (tamén chamados continuos ou de materia) designan entidades que non se poden contar (aínda que si se poden medir ou pesar), polo tanto non levan diante numerais como un, unha, dous, dúas, tres, catro...; observa este exemplo:
| un barco flota na auga do mar | podemos dicir |
dous barcos tres barcos |
barco é un substantivo contable |
| non podemos dicir |
en dúas augas en tres augas |
auga é un substantivo incontable |
Nalgúns casos un substantivo incontable pode transformarse en contable:
| a auga do mar |
as augas minerais |
| indica a materia, non se conta |
indica tipos de auga, pódese contar:
unha auga, dúas augas... |