Actividade 4
Gravación 3
Escoita esta gravación do programa Coñecer Galicia da Radio Galega (http://www.crtvg.es/rg/podcast/conecer-galicia-conecer-galicia-do-dia-12-05-2012-323196). Despois debes contestar individualmente as preguntas que aparecen a continuación e realizar, para exposición oral colectiva, a actividade proposta.
Responde despois de escoitar a gravación
Solución
Solución
Solución
Solución
Solución
Solución
Solución
Solución
Solución
Actividade
Realización dunha presentación oral colectiva sobre as ZEPA de Galicia
A partir da información que se nos ofrece na páxina de Turgalicia á que se fai referencia na entrevista que escoitaches, sobre as ZEPA ou Zonas de Especial Protección de Aves de Galicia, imos preparar unha pequena presentación para realizar entre toda a clase.
Para que o traballo non resulte excesivo e a presentación final non nos aburra por excesivamente longa, imos facela seguindo o modelo das presentacións "pechacucha", adaptándoo un pouco ás nosas necesidade. Unha presentación "pechacucha" segue normalmente o formato 20x20, é dicir, son 20 diapositivas que pasan automaticamente cada 20 segundos. O orador ten entón para cada imaxe tan só eses 20 segundos.
No noso caso fixemos a seguinte adaptación: son 15 as ZEPA de Galicia, a cada unha delas dedicámoslle dúas imaxes: para esas dúas imaxes é para as que cada alumno ou alumna ou cada par (segundo o número de alumnado da aula) debe preparar unha pequena exposición falando da zona onde se atopa esa ZEPA e da natureza máis senlleira da mesma. Toda esa información está na páxina web citada. Antes das imaxes de cada unha das zonas vai un mapa que serve que se rematen a persoa encargada da imaxe anterior se se lle pasou o tempo e para que inicie a presentación a seguinte (estas imaxes dos mapas permanecen só 5 segundos).
Unha vez que se faga o reparto das distintas ZEPA e imaxes das mesmas, debes localizar a información que che corresponda. Ten en conta que debe ser unha información básica: terás 20 segundos para explicala. Podes redactar un texto coa información que vas expoñer pero no momento da exposición está prohibido ler: a información débese dar falando, non lendo.
Ten en conta que as imaxes son simplemente paisaxes da zona, que van acompañar a información que ti deas; pero se te esqueces do que debías dicir, podes saír do paso comentando o que se ve na imaxe: é importante que a persoa que estea no uso da palabra non quede calada!
Aquí tes a presentación, para que poidas practicar a túa exposición: