Saltar la navegación

Autoavaliación 02

Comproba os teus coñecementos

Sinalas as afirmacións verdadeiras

Pregunta 1

A descrición técnica aparece en textos técnicos e científicos.

Pregunta 2

A descrición técnica aparece en ámbitos tan diversos como a xeografía, a arquitectura ou as ciencias da natureza.

Pregunta 3

A descrición técnica aparece frecuentemente na literatura.

Pregunta 4

Coa descrición técnica preténdese dar a coñecer como son realmente os seres, os obxectos, os lugares etc.

Pregunta 5

Coa descrición técnica preténdese dar a nosa opinión sobre seres, lugares, obxectos etc.

Pregunta 6

Na descrición técnica moitas palabras hai que entendelas en sentido figurado.

Pregunta 7

Na linguaxe denotativa as palabras teñen o seu sentido recto, é dicir, o significado obxectivo, no que todos os falantes están de acordo.

Pregunta 8

Nas descricións técnicas a linguaxe é denotativa, é dicir, non teñen cabida as sensacións que as palabras nos poidan transmitir.

Pregunta 9

As descricións técnicas úsanse principalmente para definir, explicar ou convencer.

Pregunta 10

As descricións técnicas úsanse coa finalidade de convencer en textos como enciclopedias ou dicionarios.

Pregunta 11

As descricións técnicas úsanse coa finalidade de explicar en textos como manuais de instrucións ou textos de carácter científico.

Pregunta 12

As descricións técnicas presenta unha ordenación lóxica da información.

Pregunta 13

As descricións técnicas carracterízanse pola subxectividade, é dicir, polas opinións particulares de quen fai a descrición.