Actividade 5
Descrición a partir dun texto oral
Escoita a gravación que aparece ao final deste texto (pertence ao programa "Coñecer Galicia", do día 2 de xuño de 2012, da Radio Galega).
Despois de realizada a audición debes redactar un texto no que describas a que se dedica a empresa da persoa entrevistada e os servizos que ofrece.
Para realizar o traballo previamente debes localizar na entrevista información sobre os seguintes aspectos:
- como se denomina a empresa?
- cantos anos leva a empresa funcionando?
- a que se dedica?
- como é o seu sistema de traballo? (que fan exactamente?)
- diríxese a grupos de clientes grandes ou pequenos?
- cal é o número mínimo e máximo de persoas para unha saída?
- con cantas persoas se garante a saída?
- teñen itinerarios fixos ou os clientes poden escoller?
- que programa teñen na actualidade?
- fan visitas a petición dos clientes?
- que lugares son os máis visitados?
- traballan todo o ano ou só en tempada turística?
- que vantaxes teñen sobre as excursións en autobús ou en coche particular?
- prezos e horarios.
Unha vez recollida toda a información debes redactar a descrición da empresa e os servizos que ofrece. Ten en conta que o teu texto debe estar correctamente redactado e cohesionado, non pode ser un listado de respostas ás preguntas anteriores e non é necesario que sigas a orde das preguntas na túa redacción.
Gravación: