Clases de adxectivos
Adxectivos fronte a determinativos
Hai algunhas palabras, de diversos tipos, que desempeñan dentro da oración funcións similares ás dos adxectivos. Denomínanse nese caso adxectivos determinativos e son palabras como as seguintes:
| posesivos |
demostrativos | indefinidos | numerais |
|
meu, teu, seu miña, túa... noso... |
este, ese, aquel esta... estes... |
algún, algunha moito, moitos... calquera.... |
catro... primeiro... onceavo... |
Estas palabras constitúen un número limitado de elementos. Pola contra os adxectivos propiamente ditos forman un conxunto ilimitado, porque hai algúns que van deixando de usarse e aparecen outros novos; así, por exemplo, o adxectivo "interactivo" comezou a usarse pouco antes de 1990 e hoxe en día é unha palabra usual.
Pouco a pouco irás coñecendo todas estas formas e distinguindo con facilidade os determinativos dos adxectivos propiamente ditos.
En caso de dúbida debes recorrer ao dicionario. Podes abrir este cadro cos determinativos para consultalo sempre que o precises (versión para imprimir).
Segundo a caalidade que expresen os adxectivos con respecto ao substantivo ao que modifican, distinguimos entre adxectivos especificativos e explicativos. Neste cadro resúmense a diferenza entre ambos os dous tipos:
| Especificativos |
Explicativos |
| delimitan o significado do substantivo ao que se refiren |
resaltan unha calidade do substantivo |
| exemplo: casas altas |
exemplo: neve branca |
| de entre todas as casas posibles sinala só as que son altas |
destaca unha das calidades que ten a neve |
| non todas as casas son altas |
a neve é sempre branca |
| habitualmente van despois do substantivo: as árbores centenarias desta fraga (non todas son centenarias) |
frecuentemente van antes do substantivo: as centenarias árbores desta fraga (todas elas son centenarias) |
Adxectivos cualificativos e adxectivos relacionais
Algúns adxectivos expresan calidades dos substantivos como a forma, a cor, o tamaño, etc; pola contra outros fórmanse a partir dun substantivo e indican relación con ese nome do que proceden:
| Cualificativos |
Relacionais |
| expresan calidades dos seres ou obxectos (forma, cor, dimensións, percepcións sensoriais, apreciacións |
establecen relación cos
substantivos dos que proceden, referentes a
persoas, lugares, relixión, política, oficios, institucións... |
| redondo, azul, grande, frío, barato, querido |
de Rosalía: rosaliano, rosaliana (a poesía rosaliana) de Ourense: ourensán, ourensá (os mosteiros ourensáns) da escola: escolar (o material escolar) |