Describir unha persoa
Para describir unha persoa debemos seguir estas indicacións básicas:
- Despois de observar e reflexionar sobre a persoa que imos describir, organizaremos a información que nos parece máis destacada. A observación pode ser física ou mental, se imos describir a alguén que non está connosco, pero a quen coñecemos.
- Seguiremos unha orde, do máis xeral ao máis particular:
- Indicaremos o seu xénero (un home, unha muller, un rapaz... )
- Diremos a súa idade (naturalmente será a idade aproximada na maior parte dos casos: é unha nena de meses, un vello, unha velliña, un señor maduro, unha moza nova, terá uns vinte anos, andará polos corenta, etc.
- Citaremos a súa aparencia xeral: fermoso, feo, atlético, de aspecto canso, musculoso..
- Sobre a súa talla indicaremos se é unha persoa alta, baixa, anana, delgada, fraca, barriguda etc.
- A continuación describiremos a súa cara, pois é elemento das persoas no que máis nos fixamos e que o máis nos identifica. Ao falar da cara iremos tratando os distintos elementos: a súa forma (ovalada, cadrada, ancha...), o cabelo (abundante ou escaso, negro, loiro, ondulado, liso...), os ollos (grandes, pequenos, vivaces, alegres, claros, escuros, azuis, verdes...), os labios (grosos, finos, carnosos...), a fronte (ampla, pequena...) etc.
- Se é o caso falaremos dalgunha característica particular que teña a persoa descrita: calvo, bigote, barba, algunha mancha ou marca significativa.
- A continuación, xa para rematar o retrato físico, falaremos da súa vestimenta.
- Finalmente daremos información sobre o seu carácter: diremos se é unha persoa amable, sociable, antipática...
Actividades
1. Tendo en conta o anterior debes facer a descrición do personaxe dos que aparecen na galería de imaxes seguinte que che corresponda, por sorteo ou segundo o número de clase.
Podes inventar ti o corpo e a personalidade do personaxe a partir da súa cara. Pero debes describir con precisión a súa imaxe pois despois de corrixidos os traballos expoñeranse na clase para que as demais persoas os identifiquen: se os demais non descobren o teu personaxe a nota non será boa.
Despois de realizado o traballo, e corrixido, debes pasalo mediante o tratamento de textos, utilizar o corrector ortográfico e envialo ao correo que o profesor ou profesora indique.
Para facilitarche a escolla de adxectivos para a descrición damos a continuación unha batería deles para cada parte da cara. Pasando o punteiro do rato por riba do nome aparecerán os adxectivos:
| cara | fronte |
nariz |
boca | ollos |
| dentes | meixelas |
pescozo | labios | orellas |
2. Reasignaranse as imaxes e cada persoa debe tomar as notas elementais para facer o retrato robot do personaxe que lle correspondese agora, de xeito oral: tes que explicarlle á policía como é esa persoa, que desapareceu, e non hai ningunha foto dispoñible dela.
As demais persoas da clase dirannos se o personaxe está ben retratado ou non, que cousas son as que mellordescribimos e en cales deberiamos mellorar.