Concretos e abstractos
Os substantivos comúns poden ser:
| concretos |
abstractos |
| indican seres ou obxectos que podemos percibir polos sentidos, ou sexa, que podemos ver, tocar... | indican entidades que non podemos percibir polos sentidos, que só existen no pensamento |
Por exemplo, se miramos a unha persoa vemos a súa cara e na nosa mente formamos unha idea da súa beleza. Todo o mundo ve a mesma cara, pero non a todo o mundo lle parece que ten a mesma beleza.
| cara | beleza |
| concreto | abstracto |
Doutra maneira, podemos ver moi distintas caras e parecernos que todas teñen en común a fermosura.