Obxectivos e contidos
Obxectivos
Despois de rematar esta sección vas ser quen de:
- Definir palabras tal como se definen nos dicionarios.
- Describir un obxecto, por exemplo poderías describir unha casa que a túa familia quere vender.
Para iso previamente saberás:
- Que é unha descrición.
- Que son as descricións técnicas, onde aparecen e cal é a súa finalidade.
- Que son as definicións e que diferenzas hai entre dicionarios e enciclopedias.
- Como se definen os substantivos concretos.
- Que é un hiperónimo.
- Que é a descrición literaria, cales son as súas funcións e as súas características.
- Que tipos de descrición hai segundo o obxecto da mesma.
- Que diferenzas hai entre unha descrición obxectiva e unha descrición subxectiva.
- Cal é o procedemento para elaborar unha descrición.
Índice de contidos
1. Características xerais da descrición.
2. A descrición técnica.
- Actividades de comprensión e expresión.
3. As definicións.
- Actividades de comprensión e expresión.
4. Definicións de substantivos concretos.
- Actividade de comprensión da explicación.
5. Os hiperónimos.
- Actividades prácticas.
6. A descrición literaria.
- Actividades prácticas.
7. Tipos de descrición.
- Actividades de comprensión e expresión.
8. Descricións obxectivas e subxectivas.
- Actividades prácticas.
9. Como elaborar unha descrición.
- Actividades de comprensión e expresión.
- Actividade práctica final.