Introdución
Le con atención os dous textos seguintes. Os dous pertencen á mesma obra literaria, os dous están escritos en galego, mais os personaxes que interveñen nun texto e no outro usan un tipo de lingua diferente. Anota no teu caderno as palabras que non coñezas e procura o seu significado no dicionario.
Despois de realizada a lectura imos intentar ver en que se aprecian esas diferenzas de lingua.
|
Texto 1
Cando entrou Miguel coas bebidas Carlos estaba sentado nunhas caixas. Beberon en silencio mirando para as manchas das paredes. |
Texto 2
Locutor: Estamos de novo con todos vostedes... para continuar este debate... que nos achega... a diferentes visións da violencia... Señores teñen a palabra... |
| Xelís de Toro: Non hai miseridordia |
|
Actividade sobre a lectura
Unha vez lidos os textos anteriores debes responder as seguintes cuestións. Toma nota no teu caderno; despois responderase de xeito oral na clase para comentar entre todo o alumnado as diferentes respostas.
O primeiro texto recolle un dialogo entre persoas novas, músicos, que tocan nun grupo e están colocando caixas de bebida nun bar onde van dar un concerto. No segundo texto os personaxes interveñen nun debate na radio sobre a violencia.
1. Que personaxes interveñen en cada diálogo? Que datos sabemos deles (que fan ou que profesión teñen...)?
2. Cal das dúas conversas cres que trata un tema máis especializado ou máis "intelectual"?
3. En cal dous textos os personaxes teñen un maior nivel de proximidade, de amizade ou de familiaridade entre eles?
4. Escoitan o diálogo o mesmo número de persoas nos dous casos?
5. En cal dous cres que usan unha lingua máis coloquial, menos formal?
6. En cal dos textos usan un tipo de palabras máis especializadas, menos correntes?
7. Indica alguna expresión que consideres máis coloquial.