Saltar navegación

4. Actividades complementarias

 

Fraccións e números decimais

S24. Calcule e simplifique o resultado:

 

S25. A auga que hai nun encoro é as 3/4 partes da súa capacidade total. Coas chuvias do mes pasado a cantidade de auga aumentou en 1/2 do que faltaba para encher o encoro. Que fracción de auga hai no encoro agora? O mes no que andamos non choveu nada, e consumimos 1/5 da auga que contiña. Que fracción da capacidade total do encoro queda con auga?

S26. Nunha papelería hai 300 paquetes de follas DIN A4. O luns vendéronse 1/3 dos paquetes, o martes 1/2 dos paquetes que quedaban e o mércores 2/5 dos que quedaban. Cantos paquetes quedaron sen vender?

S27. Complete os ocos que faltan nas fraccións:

   

 S28. Sinale cales das fraccións seguintes son reducibles e cales irredutibles:


 S29. Represente na recta numérica o número racional 3/5.

S30. Ordene de menor a maior as fraccións seguintes, sen pasalas a decimais:

   

S31. Exprese mediante unha fracción a parte coloreada de cada figura:

       

 S32. Clasifique os números seguintes en decimais exactos, decimais periódicos puros e decimais periódicos mixtos:

  • 2,07565656...
  • 897,432155555...
  • 120,9
  • -4,102102102...

S33. Na caixa de aforros temos gardados 250 euros. Calcule cantos euros son:

  • 3/5 do aforrado.
  • 3/2 do aforrado.
  • 5/6 do aforrado.

S34. A empresa onde traballo deume un adianto da nómina equivalente aos 2/3 do meu soldo. Se me adiantou 600 euros, cal é o meu soldo mensual?

S35. No aniversario da miña sobriña regaláronlle unha bolsa de lambetadas. Na festa comemos os 2/3 delas, e aínda sobraron 20 lambetadas. Cantas tiña a bolsa inicialmente?

S36. Os tres oitavos do alumnado dun centro escolar vai en autobús ao colexio, e son 192. Cantos alumnos hai no colexio?

S37. Unhas amigas percorren un camiño. A primeira hora andan 1/3 do camiño, a segunda hora 4/15 e na terceira hora completan o percorrido. Se o camiño ten en total 1.050 m, canto andaron cada hora?

S38. Temos un barril de viño de 300 litros. Vendemos 2/3 do barril a dous euros o litro, 1/5 do resto a tres euros o litro e os que quedan a un euro. Canto diñeiro cobramos?

S39. Calcule a fracción resultante e, se é necesario, simplifique o resultado:

 

 

Mesturas

S40. Sinale cales das seguintes mesturas poden ser separadas mediante decantación: vinagre e auga; auga e alcohol; auga e aceite; aceite e vinagre

S41. Nunha planta de reciclaxe de lixo queremos separar os obxectos de ferro mesturados cos de plástico e papel. Que poderiamos facer para separalos?

S42. Ten unha mestura de auga salgada e aceite vexetal. Deseñe unha práctica de laboratorio para separar as tres substancias (auga, sal e aceite).

S43. Indique cal é o soluto e cal o disolvente nas disolucións seguintes:

  • Mestura combustible para motos (gasolina + aceite).
  • Aceiro (ferro + carbono).
  • Alcohol de farmacia.
  • Aire húmido.

S44. Un líquido transparente pardo quece ata que ferve. A temperatura de ebulición mantense constante no tempo mentres dura a ebulición. Trátase dunha disolución ou dunha substancia pura?

S45. Sinale cales das seguintes substancias son puras e cales mesturas: deterxente en po, refresco de cola, diamante, bronce, auga da billa, ouro e augardente.

S46. Que ocorrería se se arrefría unha disolución saturada de sulfato de cobre?

S47. Explique que métodos usaría para separar as substancias das mesturas que se citan: aceite, auga e sal; etanol, auga e azucre; area, vinagre e sal.

S48. Verdadeiro ou falso?

  • Non se pode disolver un gas en auga.........................
  • Nunha disolución acuosa o disolvente ten que ser auga..............................
  • Todas as disolucións conteñen auga..........................
  • O soluto disólvese, o disolvente non..........................

 

 

Concentración das disolucións

S49. Preparamos unha disolución disolvendo 40 g de cloruro potásico, KCl, en 300 gramos de auga, resultando 330 mL (mililitros) de disolución. Calcule:

a) A porcentaxe en masa da disolución.

b) A concentración da disolución expresada en g/L.

S50. A receita dunha macedonia de froitas precisa un xarope do 20 % en peso. Necesitamos 300 g do xarope.

a) Cantos gramos de azucre hai que empregar?

b) Cantos de auga?

S51. Razoe se son verdadeiras ou non as afirmacións seguintes, referidas todas a unha disolución acuosa do 20 % en masa:

  • 200 g da disolución teñen 200 g de auga.
  • En 500 g da disolución hai 100 g de soluto.
  • Nun quilogramo da disolución hai 800 g de auga.

S52. Ache a concentración das disolucións A, B e C cos datos contidos na táboa seguinte en g/L e en porcentaxe en masa:

 

Disolución A

Disolución B

Disolución C

  • Masa do soluto

10 g

1.20 kg

0.7 kg

  • Masa do disolvente

590 g

30 kg

1 250 g

  • Volume da disolución

525 mL

12 L

1,25 L

S53. Unha botella de leite ten, na súa etiqueta, a información que recolle a imaxe, referida a 100 mL do leite.

 
  • Exprese a concentración de proteínas, graxas e hidratos de carbono do leite en g/L.
  • Cantos gramos de cada unha desas substancias inxire unha persoa que bebe 550mL de leite?

S54. Outra marca de leite informa que a súa concentración en graxas é de 0.030 mg/mL. Cal dos dous leites ten máis graxa na súa composición, este ou o do exercicio anterior?

S55. Unha botella de auga mineral ten a información que recolle a imaxe.

  
  • En que unidades están expresadas as concentracións dos diferentes solutos?
  • Por que di na etiqueta que está "indicada para alimentos infantís" Se non o sabe, procure información en internet ao respecto.
  • Cantos gramos de calcio hai na botella enteira? E cantos de bicarbonato?
  • Que significa "Residuo seco a 180 ºC"?
  • Cantos gramos de magnesio (Mg) haberá nun m3 desta auga?

S56. Rosa e Manolo preparan o biberón para o seu Xelmiriño. Engádenlle seis culleradas de 3,6 g de leite en po a un biberón que contén 180 g de auga morna.

a) Que prepararon, unha mestura heteroxénea, homoxénea ou unha disolución? Necesita algunha outra información para poder contestar?

b) Xelmiriño tomou 160 g do biberón. Canto leite tomou?

S57. O grao alcohólico dunha bebida é a cantidade de alcohol etílico (etanol) que contén por cada 100 mL de bebida. Na etiqueta do brandy da figura indica que o seu grao alcohólico é do 38 %, e o volume da botella 70 cL.

 
  • Cantos mililitros de alcohol hai na botella de brandy?

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0