Números racionais. Mesturas e disolucións
2.2 Operacións con fraccións
"Eu comín 1/3 da pizza, meu home comeu ½ da pizza... Sobrou algo? E se sobrou, canto?... "2/5 dos galegos fuman. Destes, 2/3 fuman tabaco rubio. Cantos galegos fuman tabaco rubio?"... Para podermos contestar a estas cuestións necesitamos saber operar coas fraccións. Ímolo repasar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0