Números racionais. Mesturas e disolucións
2.8.1 Disolucións diluídas, concentradas e saturadas
- Disolución diluída; éo cando ten pouca cantidade de soluto respecto do disolvente, é dicir, cando é moi pouco concentrada.
- Disolución concentrada: cando a proporción de soluto é grande.
- Disolución saturada: cando ten tanto soluto que xa non sería posible disolver máis cantidade na disolución; ten a concentración máxima para ese soluto.
- Disolución sobresaturada: ten máis soluto disolvido do que pode. Pero é un equilibrio moi inestable: calquera vibración fará que o exceso de soluto precipite ao fondo, quedando a disolución simplemente saturada.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0