Saltar navegación

3. Resumo de contidos

Fraccións

  • Son o cociente entre dous números enteiros.
  • Fraccións equivalentes: teñen o mesmo valor numérico; se dúas fraccións son equivalente, os seus produtos en cruz dan igual.
  • Simplificar unha fracción é dividir o numerador e o denominador polo mesmo número.
  • Fracción irredutible: a que non se pode simplificar máis.
  • Suma e resta de fraccións: primeiro transfórmanse en outras con igual denominador, logo súmanse os numeradores.
  • Multiplicación de fraccións: multiplícanse os numeradores por unha banda e os denominadores pola outra.
  • División de fraccións: multiplícanse en cruz, ou ben multiplicamos a primeira pola inversa da segunda.

Xerarquía das operacións

Vanse facendo na orde seguinte:

  • Primeiro os corchetes e os parénteses.
  • Dentro de cada paréntese ou corchete, primeiro as potencias.
  • Logo as multiplicacións ou divisións.
  • Por último. as sumas e restas.

Números decimais

Obtéñense a partir dunha fracción dividindo numerador entre denominador. Hai tres tipos:

  • Decimal exacto: ten un número finito de cifras.
  • Decimal periódico puro: ten infinitas cifras decimais que se repiten en grupos inmediatamente despois da coma decimal; o grupo de decimais que se repite chámase período.
  • Decimal periódico mixto: entre a coma e o período hai cifras que non se repiten.

Estados de agregación da materia

Son sólido, líquido e gas. As propiedades xerais de cada estado son:

 

Estados de agregación da materia

Sólido

Líquido

Gasoso

  • Volume

Fixo

Fixo

Variable

  • Forma

Teñen forma propia

Non teñen forma propia

Non teñen forma propia

  • Comprensibilidade

Non diminúen de volume

Non diminúen de volume

Cambian de volume

  • Difusión

Non se difunden

Non se difunden

Difúndense

Substancias puras e mesturas

As mesturas de dúas ou máis substancias puras poden ser homoxéneas e heteroxéneas.

Técnicas de separación de mesturas

  • Peneiramento.
  • Filtraxe.
  • Cristalización.
  • Destilación.
  • Decantación.
  • Cromatografía.
  • Separación magnética.

Disolucións

Hai nove tipos posibles de disolucións segundo que o soluto e o disolvente sexan sólido, líquido ou gas.

Concentración dunha disolución

É a proporción relativa do soluto e do disolvente. Entre outras, pode expresarse mediante a porcentaxe en masa, a porcentaxe en volume e en gramos por litro:

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0