Números racionais. Mesturas e disolucións
2.9.2 Porcentaxe en masa
Calculámola dividindo a masa do soluto entre a masa da disolución (soluto + disolvente), multiplicando logo por cen para o expresar como porcentaxe:
![]()
Exemplo: disolvemos 30 g de azucre en 400 g de leite. Cal é a porcentaxe en masa da disolución?
![]()
Este resultado significa que na disolución hai 8.8 gramos de azucre por cada 100 g de disolución. Ou o que é o mesmo, en cada 100 g da disolución hai 8.8 g de azucre e 91.2 g de leite.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0