Saltar navegación

2.3.2 Representación dun número racional na recta numérica

Representemos, por exemplo, o número 14/3 na recta, seguindo os seguintes pasos:

  • Primeiro paso. Se o racional ten o numerador maior que o denominador, facemos a división enteira:

Isto significa que:

 

Así que o número racional está comprendido entre 4 e 5.

  • Segundo paso. Na recta dividimos o intervalo entre 4 e 5 en tres partes iguais; cada parte é 1/3.
  • Terceiro paso. Sinalamos finalmente a posición do número racional na segunda marca das feitas, 2/3. Podemos facer isto moi rápido coa calculadora, tecleando 14[a b/c] 3 = e na pantalla sae o resultado final. Fíxese na secuencia gráfica:

 Ás veces non é doado dividir un segmento en varias partes iguais; o seguinte esquema indícalle como facelo cun debuxo doadamente:

 

 

Actividades propostas

S11. Represente na recta numérica os números racionais seguintes:

 

 

 

 

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0