2.4.3 Operacións con números en notación científica
Sumas e restas
Teñen que ter a mesma potencia de 10 para poder sumalos e restalos directamente:
-
3.106 + 5.106 = 8.106
5,1.104 + 3,2.104 = 8,3.104
Se non teñen iguais os expoñentes de 10 pódense transformar noutros que si os teñan, pero daquela é máis doado facelo coa calculadora; vémolo logo.
Multiplicacións e divisións
Poden ter calquera expoñente de 10. Opéranse os coeficientes e súmanse os expoñentes; fíxese como se fai nos exemplos seguintes:
-
3.102 x 4.105 = 12.107 → 1,2.108
Lembre, só unha cifra enteira!
2,9.104 x 1,2.106 = 3,48.1010
2,2.107 : 1,8.102 = 1,33.105
Operacións usando a calculadora
Emprégase a tecla EXP (non use a tecla de 10x). Para teclear o número 2,95.108 facemos así: 2.95 EXP 8. Fíxese que o 10 NON se teclea! Vexamos máis exemplos:
-

3.106
→
3 EXP 6
107 = 1.107
→
1 EXP 7
Ollo! É un erro frecuente teclear neste caso 10 EXP 7; lembre que o 10 non se teclea
2,7.10-4
→
2,7 EXP ± 4
Nalgunhas calculadoras é 2.7 EXP (-) 4
Logo de que o número apareza na pantalla pode facer con el calquera operación, como faría cos números ordinarios (sumar, multiplicar, raíces, etc.). A calculadora devólvelle o resultado do cálculo automaticamente en notación científica correctamente. Moi cómodo!
Actividade proposta
S16. Comprobe os resultados das operacións seguintes:
-
2,79.1010 x 1,08.10-3 =
-1,08.10-6 : 3,28 =
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0