2.9.3 Porcentaxe en volume
Adoita empregarse esta forma de expresar a concentración cando os dous compoñentes son líquidos ou gases. Calcúlase dividindo o volume de soluto entre o volume da disolución, multiplicando por cen:
![]()
Exemplo: dunha botella de viño albariño de 750 mL, 90 mL son de etanol (alcohol). Cal é a porcentaxe en volume da disolución?
![]()
Isto significa que en cada 100 mL de viño hai 12 mL de alcohol.
Actividades resoltas
Disolvemos 40 g de sal en auga, resultando 250 g de disolución. Cal é a porcentaxe en masa da disolución resultante?
-
Solución
Un perfume ten un 75 % en volume de alcohol. Calcule canto alcohol precisamos para preparar 500 mL dese perfume.
-
Solución
Solución. Sexa x o volume de alcohol precisado. Daquela:
Preparamos unha disolución disolvendo 25 g de ioduro potásico en 200 g de auga. Cal é a porcentaxe en masa da disolución resultante?
-
Solución
Preparamos unha disolución disolvendo 25 g de ioduro potásico en 200 g de auga. Cal é a porcentaxe en masa da disolución resultante?
|
Solución |
|
Actividades propostas
S21. Unha disolución de azucre en auga é do 22 % en masa. Canto azucre hai en 700 gramos de disolución?
S22. Unha persoa non pode conducir se a súa taxa de alcohol no sangue supera os 0,5 g/L. Se unha persoa ten seis litros de sangue no seu corpo, cantos gramos de alcohol pode beber como máximo se ten que conducir un vehículo?
S23. A lixivia é unha disolución de hipoclorito sódico, NaClO, en auga, cunha concentración aproximada do 4 % en masa. Cantos gramos de hipoclorito haberá en 400 gramos de lixivia?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0