Saltar navegación

2.1 Fraccións

No censo de galegos e galegas referido ao ano 2007 consta que 1/4 da poboación ten máis de 60 anos, 1/6 ten entre 45 e 60, 1/5 entre 30 e 45, e 1/4 entre 15 e 30 anos. Menos de 30 anos tenos un total de 391.000 galegos e galegas. Por outra banda, no curso escolar 2007-2008, o 6/125 dos estudantes en Galicia estaban matriculados en ensino de persoas adultas.

Instituto Galego de Estatística

1/4, 1/6, 6/125... estes números son fraccións; xa as coñece doutros cursos anteriores. Imos darlles agora un repaso e exercitarnos no seu uso.

Na fracción  , 1 é o numerador e 3 é o denominador; son números enteiros.

Que representa esta fracción? Pois varias cousas:

  • Unha parte dunha unidade (dunha tortilla, por exemplo).
  • Un cociente entre dous números; a fracción do exemplo equivale a dividir un entre tres: 1:3 = 0,333...
  • Un operador. Por exemplo, canto é un terzo de 126 euros? Pois son  x 126 = 42 EUR.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0