Números racionais. Mesturas e disolucións
1.3 Obxectivos
- Realizar correctamente operacións combinadas con fraccións, tanto manualmente como con calculadora.
- Realizar correctamente operacións con decimais, e comprobalas coa calculadora.
- Representar os racionais na recta real.
- Usar a notación científica para expresar números moi grandes ou moi pequenos. Empregar a calculadora para facer operacións aritméticas con estes números.
- Relacionar os estados sólido, líquido e gasoso coas propiedades características de cada un.
- Recoñecer e diferenciar a simple vista ou con lupa mesturas homoxéneas e heteroxéneas.
- Identificar a maior ou menor constancia desas temperaturas co grao de pureza dunha substancia.
- Propor a técnica máis adecuada en cada caso para separar as substancias compoñentes de mesturas binarias ou ternarias.
- Interpretar o significado da expresión da concentración dunha disolución
- Valorar a importancia das disolucións na vida cotiá.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0