2.4 Notación científica
Na unidade didáctica 3 terá que traballar con números moi pequenos como a masa e a carga das partículas subatómicas (protón, electrón e neutrón) e con números moi grandes, como o número de átomos que hai nun corpo calquera (un libro, por exemplo). En ciencias usamos unha forma especial, e cómoda, de escribir e operar con estes números: a notación científica, que consiste en escribir cada número mediante unha parte enteira dunha soa cifra non nula, unha parte decimal e unha potencia de 10 con expoñente enteiro. Vexamos algúns exemplos:
- Distancia máxima da Terra ao Sol: 152.100.000.000 m
En notación científica: 1,521.1011 m
A parte enteira é 1, a parte decimal 521 e a potencia 1011.
- Masa do electrón: 0,0000000000000000000000009109534 kg
En notación científica: 9,109534.10-25 kg.
A parte enteira é 9, a parte decimal 109534 e a potencia 10-25.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0