Números racionais. Mesturas e disolucións
2.2.5 Fraccións e calculadora
As operacións con fraccións pódense facer tamén coa calculadora científica, empregando a tecla [a b/c] xunto coas teclas das operacións ordinarias. Así, para introducir 2/5 na calculadora tes que teclear: 2 [a b/c] 5.
Na pantalla aparecerá algo así como o seguinte: 
Calculemos 3/5 - 1/2 coa calculadora. A secuencia de teclas que hai que premer é: 3 [a b/c] 5 - 1 [a b/c] 2 =
Na pantalla aparecerá 1/10. A calculadora simplifica a fracción automaticamente.
No caso de que na pantalla aparecese un resultado como
, prema as teclas [INV] [a b/c] ou ben [SHIFT] [a b/c] e a pantalla mostrará a fracción 13/5.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0