Números racionais. Mesturas e disolucións
2.9 Concentración das disolucións
Nunha receita de crema de limón para seis persoas pon que temos que mesturar 150 g de azucre con 100 g de manteiga. Para prepararmos crema para 12 persoas, que cantidades debemos mesturar? Xa vemos que as cantidades son xusto o dobre que as da receita, pero a proporción azucre/manteiga é a mesma.
- Concentración dunha disolución: proporción relativa en que están mesturados o soluto e o disolvente. Hai moitos xeitos de expresar a concentración e de calculala. Estudaremos só algunhas delas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0