Saltar navegación

2.3 Números decimais

Podemos transformar as fraccións en decimais simplemente dividindo o numerador entre o denominador. Pode resultar un número enteiro ou un número decimal; se dá un número decimal, pode ser de tres tipos:

  • Decimal exacto: ten un número finito de cifras decimais. Por exemplo, 3/25 = 0,12
  • Decimal periódico puro: un grupo de cifras decimais (o período) repítese continuamente xusto despois da coma decimal. Exemplos:

  • Decimal periódico mixto: entre a parte enteira e o período hai cifras decimais que non se repiten. Exemplos:

 

 

Actividade resolta

Clasifique os seguintes números decimais en exactos, periódicos puros ou periódicos mixtos, e sinale o seu período:

  • 0,28282828...

Decimal periódico puro. O período é 28.

  • 27,015

Decimal exacto. Non ten período.

  • 27,015151515...

Decimal periódico mixto. O período é 15.

  • 3,008080808...

Decimal periódico mixto. O período é 08.

  • 1,25429429429...

Decimal periódico mixto. O período é 429.

 

Actividades propostas

S9. Pase as fraccións seguintes a números decimais e clasifíqueos. Use a calculadora:

a) 7/5

b) 10/9

c) 9/10

d) 3/7

e) 45/44

S10. Efectúe coa calculadora as operacións con decimais seguintes:

a) 2,395 + 0,0423 - 3,33 . 0,55=

b) 2,05(1,09 - 3,274):2+3,04 =

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0