Saltar navegación

2.8 Disolucións

Unha disolución é unha mestura homoxénea de dúas ou máis substancias. Xa que logo, os seus compoñentes non se distinguen a simple vista e o seu aspecto é uniforme. Hai disolucións por todas as partes: o aire, o sangue, medicinas, carburantes, produtos de limpeza, moedas, etc.

Nas disolucións de dous compoñentes (disolucións binarias), un deles chamámolo soluto e o outro disolvente. Habitualmente coñecemos como disolvente o que está en maior proporción; outras veces o disolvente é o que está no mesmo estado de agregación que a disolución final (por exemplo, en líquido + gas → gas, o disolvente é o gas). Pero non sempre está claro cal é o soluto e cal o disolvente.

Como o soluto e o disolvente poden ser sólidos, líquidos ou gases, temos nove tipos de disolucións posibles:

Estado dos compoñentes

Estado físico da disolución

Exemplos

Soluto

Disolvente

  • Gas

  • Gas

  • Gas

Aire

  • Líquido

  • Gas

  • Gas

Aire húmido, aerosois

  • Sólido

  • Gas

  • Gas

Partículas de po no aire

  • Gas

  • Líquido

  • Líquido

Bebidas gasosas

  • Líquido

  • Líquido

  • Líquido

Gasolina, alcohol sanitario

  • Sólido

  • Líquido

  • Líquido

Azucre en auga

  • Gas

  • Sólido

  • Sólido

Hidróxeno en paladio

  • Líquido

  • Sólido

  • Sólido

Sulfato de cobre pentahidrato, amálgamas

  • Sólido

  • Sólido

  • Sólido

Aliaxes metálicas

 

 

Actividade resolta

Sinale en cada disolución cal é o soluto e cal o disolvente:

Disolución

Soluto

Disolvente

  • 200 g de sal disolvidos nun litro de auga

Sal

Auga

  • 30 g de auga disolvidos en 150 mL de alcohol

Auga

Alcohol (maioritario)

  • auga e arxila seca para dar arxila húmida

Auga

Arxila

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0