2.6 Substancias puras e mesturas
Unha mestura está formada por varias substancias puras diferentes. Divídense en mesturas homoxéneas e heteroxéneas.
- Mesturas homoxéneas: son as que teñen un aspecto uniforme (todo igual), e non se poden diferenciar a simple vista nin cunha lupa as substancias que a compoñen. As propiedades da mestura (cor, sabor, densidade, temperaturas de fusión e ebulición, etc.) son as mesmas en todo o seu volume, en todos os puntos da mestura homoxénea.
- Mesturas heteroxéneas: non presentan un aspecto uniforme a simple vista, observamos facilmente que están feitas de varias substancias diferentes.
Actividades resoltas
Atopamos na nosa casa o seguinte: unha botella cun refresco de laranxa, papel de aluminio, algodón, leite, auga mineral, aceite puro de oliva, azucre, sal, un coitelo de aceiro e xel de ducha. Clasifique estas substancias en puras ou en mesturas.
-
Solución
-
Papel de aluminio: substancia pura. Só ten aluminio, é unha única substancia.
-
Algodón: substancia pura. Está formado por celulosa pura.
-
Azucre: substancia pura.
-
Sal: é cloruro sódico, NaCl, substancia única.
-
Refresco de laranxa: é unha mestura. Ten auga, azucre, colorantes e outras substancias.
-
Leite: é unha mestura. Ten varias substancias (graxas, proteínas, auga, lactosa…)
-
Auga mineral: mestura. Ten auga e varios sales minerais.
-
Aceite de oliva: é unha mestura de varias substancias; cando se di que é “aceite puro de oliva” quere dicir que se fabrica exclusivamente con olivas, pero ten varios compostos distintos.
-
Coitelo de aceiro: é unha mestura formada por ferro (compoñente maioritario) e carbono.
-
Xel de ducha: mestura (lea os compoñentes na etiqueta do xel, ha ver que son numerosos).
-
Observe as imaxes e clasifique cada unha como mestura homoxénea ou heteroxénea.
-

Granito
Auga de mar

Leite

Queixo
Heteroxénea
Homoxénea
Homoxénea
Heteroxénea
Actividades propostas
S19. Observamos nun vaso un líquido de cor amarela intensa de aspecto uniforme. Pasadas catro horas vemos de novo e agora o líquido é incoloro, e un sólido amarelo depositouse no fondo. Que tipo de mestura había inicialmente no vaso?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0