4.1 Solucións as actividades propostas.
S1.
-
- Non somos autosuficientes. Necesitamos dos demais para sobrevivir.
-
Para convivir pacificamente convén:
-
Tolerar e respectar as formas diferentes de pensar e os comportamentos.
-
Participar na vida da comunidade.
-
-
Actitudes: tolerancia, civismo, igualdade, pluralismo, diálogo.
-
As minorías deben ser tratadas respectando os dereitos que lles corresponden sobre cultura, relixión e idioma.
S2.
-
Sociedade pluralista é aquela na que conviven diferentes ideoloxías.
-
O pluralismo político maniféstase a través dos partidos.
-
Necesitamos organizarnos porque os dereitos de cada un poden colidir cos dereitos dos demais.
S3.
-
Democracia, goberno do pobo, procede do latín tardío democratia < grego demo- ´pobo´ + -krathía ´goberno´.
-
A democracia naceu en Atenas (Grecia).
-
O conxunto de cidadáns nunha democracia ten o valor de ser o titular do poder, que entrega a unha minoría que o representa.
S4.
-
Principios da democracia: igualdade ante a lei, liberdade individual e representatividade.
-
Ideas clave da democracia: soberanía, sufraxio, Constitución, maiorías e minorías, representación e participación, liberdade, partidos políticos e división de poderes.
-
As eleccións democráticas deben ser libres, plurais, por sufraxio universal e periódicas.
S5.
-
- Sistema democrático con sufraxio universal (homes e mulleres). Calquera cidadán e cidadá pode ser elixido.
S6.
-
- O réxime político baseado no poder nunha soa persoa chámasemonarquía ou autocracia.
-
Un réxime político baseado no poder dos cidadás chámase democracia.
-
Nunha democracia os gobernantes son elixidos polo pobo.
-
Nunha democracia o Goberno está controlado polo parlamento.
-
Os representantes do pobo nunha democracia son escollidos libremente polos/as cidadáns/as entre os candidatos presentados ás eleccións.
S7.
-
- División de poderes: ordenación e distribución das funcións do Estado, en que cada función está en mans dunha institución pública independente (lexislativo, executivo e xudicial).
S8.
|
Carácter. |
Estados democráticos |
Estados non democráticos |
|
A Constitución limita os poderes e controla o Goberno. |
Ilimitado nas mans do xefe do Estado. |
|
Nacional (vontade colectiva dos cidadáns e das cidadás). |
A cidadanía non participan na vida política. |
|
Respecto dos dereitos humanos e lexislación sobre dereitos e deberes da cidadanía. |
Supeditado aos designios do xefe do Estado. |
|
Separación poderes (lexislativo, executivo e xudicial). |
Concentración de poderes nas mans do xefe do Estado. |
|
Recoñécese o pluripartidismo e a liberdade ideolóxica. |
Non existen partidos políticos ou existe un único partido controlado polo Estado. |
|
Periodicamente (catro anos, cinco anos, ...) |
Vitalicio ou se é derrocado por algún golpe de Estado. |
|
Piar da democracia. Baséase no respecto entre persoas. |
Nin existen liberdades nin se respectan aos cidadáns. |
-
Ditadura
Rei constitucional
Cargo electo
Monarquía absoluta
Rei absoluto
Cargo hereditario
República parlamentaria
Ditador
Imponse pola forza
Monarquía parlamentaria
Presidente da República
Actúa en nome de Deus
S10.
-
Parlamentarios.
-
Presidencialistas.
-
Semipresidencialistas.
-
Directoriais.
-
Monárquicos parlamentarios.
-
Federais.
S11.
|
Características |
Democracia |
Ditadura |
|
Separación de poderes entre distintas institucións |
Concentración de poderes nas mans do ditador. |
|
Reguladas pola Constitución e respecto pola Declaración dos Dereitos Humanos. |
Non existe unha norma que regula, queda a expensas do ditador. Poucas ou ningunhas. |
|
Elíxense por sufraxio universal (homes e mulleres maiores de idade). |
Os representantes son elixidos polo ditador, sen participación do pobo. |
S12.
-
Diferenzas entre un Estado laico e un confesional.
Estado confesional é aquel que se adhire a unha relixión que é a oficial; iso non quer dicir que non se poida practicar calquera outra relixión. (Exemplo: Reino Unido; Dinamarca, Noruega...). Pola contra, un Estado laico ou aconfesional é o que recoñece a separación entre Igrexa e Estado, garantindo a liberdade de conciencia. (Exemplo: Francia, Alemaña, Suíza, ...)
-
-
Teocracia.
-
-
Termo derivado do grego (Teo = deus; cracia = goberno). Forma de goberno en que o xefe do Estado é o máximo representante da relixión dominante. Normalmente o Goberno afirma gobernar no nome de Deus ou dunha forza superior.
-
Características
Tipo de país
-
Non existe liberdade e o Goberno impón a súa política sen consultarlle á poboación.
Ditadura
-
O seu goberno e os seus tribunais están formado por membros do clero. A relixión rexe a vida pública e as relacións sociais.
Teocracia
-
O xefe do Estado é un rei.
Monarquía
-
Hai unha constitución; a poboación deste país elixe o seu Goberno e o seu parlamento cada catro anos.
Democracia
-
S14.
-
-
Democracias
Francia, Canadá, Reino Unido, Xapón, Dinamarca, Noruega, Australia, Italia.
-
Ditaduras
Omán, Libia, Corea do Norte, China.
-
Monarquías
Canadá, Arabia Saudita, Omán, Reino Unido, Xapón, Dinamarca, Noruega, Australia.
-
Repúblicas
Francia, Libia, China, Italia.
-
Estados laicos
Francia, Canadá, Australia, Corea do Norte, China e Italia.
-
Estados confesionais
Libia, Xapón, Reino Unido, Arabia Saudita, Dinamarca, Noruega, Omán e Irán.
-
Estados teocráticos
Irán e Arabia Saudita.
-
S15.
-
- Características dun Estado.
|
Están delimitados por fronteiras (atendendo a razóns históricas, físicas, históricas...; a súa poboación réxese polas mesmas leis (iguais obrigas e dereitos); son plurinacionais e pluriculturais; identifícanse con símbolos (capital, bandeira, himno, escudo, ...); son recoñecidos internacionalmente. |
-
- Funcións do Estado.
|
Garante o cumprimento das leis; mantén a orde interior e exterior; dirixe a política económica; xestiona os servizos e equipamentos colectivos; recada impostos. |
-
-
Necesidades sociais cubertas cos impostos.
-
-
Sanidade; educación gratuíta; subsidios a parados, enfermos e pensionistas...
S16.
-
-
Estado
Sociedade humana (pobo), asentada nun territorio de forma permanente, suxeita a un poder soberano que xera e aplica unha orde xurídica para acadar o ben público temporal dos seus membros.
-
Nación
Comunidade de homes e mulleres que teñen conciencia dos lazos étnicos, históricos e económicos que os unen.
-
Estado multinacional
Estado formado por distintas culturas rivais que compiten polo seu control. Estes conflitos adoitan rematar co recoñecemento dunha federación (delegando a cada nación certas competencias do Estado); ou coa secesión dunha nación dentro do Estado, moitas veces como consecuencia dunha guerra civil
-
-
-
Diferenzas entre Estado unitario centralizado e descentralizado.
No Estado unitario centralizado, malia recoñecérense departamentos ou provincias dentro do país, todo o territorio está dirixido polo Goberno central. Pola contra, o goberno descentralizado recoñece certas competencias nas autonomías, rexións ou departamentos, tendo o máximo poder o Goberno central.
-
Estado federal.
-
-
O Goberno central non interfire no dos estados, que se rexen por unha mesma norma común, a Constitución.
-
-
Un Estado unitario é aquel que ten unha administración central que controla todo o seu territorio.
-
Un Estado federal está composto á súa vez por varios estados. O Estado central ten unha Administración central que se ocupa da política exterior e doutros asuntos como defensa, seguridade común, impostos, ... Á súa vez, cada Estado conta cunha administración federal independente.
-
S17.
S18.
-
Confederación:
-
Unión de estados que conservan a súa soberanía e se rexen por leis comúns. A confederación difire da federación en que os estados que conforman a primeira manteñen altas cotas de autonomía e o poder central é limitado; pola contra, os estados da federación renuncian a parte da súas competencias a favor do Goberno central.
S19.
-
Vantaxes e inconvenientes dun Estado social e do liberal:
-
-
Vantaxes: o Estado social garante a igualdade entre a cidadanía. O Estado liberal creará riqueza e traballo para todos.
-
Inconveniente: o Estado liberal non garante a igualdade entre a cidadanía.
-
-
- Semellanzas e diferenzas entre un Estado social e un totalitario:
-
Aceptan ambas o control da economía, aínda que o Estado social só acepta a intervención en certos aspectos. Difiren no exercicio das liberdades, restrinxidas no Estado totalitario.
S20.
-
Os impostos poden ser directos e indirectos.
-
Os impostos serven para:
Soster a seguridade social e garantir a atención médica a todos.
Pagar pensións e prestacións por desemprego.
Facilitar a educación obrigatoria gratuíta.
Construír vivendas sociais.
Construír e xestionar infraestruturas: estradas, ferrocarrís…
Construír hospitais, escolas…
Manter as forzas de seguridade do Estado.
Desenvolver políticas de benestar social.
S21.
-
Nos orzamentos do ano aparece a previsión de gastos do Estado para ese ano.
-
Son bens de uso común os recursos de libre acceso para todos. Non se pode prohibir o seu uso, pero si limitalo. Son os camiños, canles, ríos, pontes, portos, praias…
-
Servizos públicos son entre outros: a xustiza, a educación pública, a sanidade pública, a seguridade pública e os transportes públicos.
S22.
-
Os cidadáns poden participar en asociacións voluntarias, como:
Partidos políticos.
Sindicatos de traballadores.
Asociacións profesionais.
Asociacións de base.
Organizacións non gobernamentais (ONG).
-
Resposta persoal.
S23.
-
Resposta persoal.
-
Vantaxes da democracia:
Garante ampla base ao poder político.
É un poder responsable, hai que dar contas aos votantes.
É un poder lexítimo.
Facilita o cambio e o progreso.
É estable e flexible. Protexe os dereitos humanos.
Favorece a pluralidade.
-
-
Resposta persoal.
-
S24.
-
Dificultan a implantación da democracia:
Condicionantes económicos.
Condicionantes políticos
Condicionantes sociais.
S25.
-
Establécense relacións entre estados nos ámbitos político e económico.
-
Os países poden agruparse en:
Países ricos.
Países en desenvolvemento.
Países pobres.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0