Saltar navegación

1.2.3 Principios da democracia

A democracia baséase nos principios fundamentais de igualdade, liberdade e representatividade.

  Igualdade ante a lei

 

Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión nin ningunha outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

Artigo 14 da Constitución Española

Liberdade individual

“Todas as persoas teñen dereito á liberdade e á seguridade” (artigo 17 da Constitución española).

Representatividade

En ningunha democracia poden participar directamente no goberno todos os cidadáns. A participación realízase a través do voto elixindo os representantes que mellor respondan á idea de cada un. Para que a representatividade sexa efectiva, cómpre que os elixidos non esquezan o prometido na campaña electoral.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0