Saltar navegación

1.1 A persoa, ser social

 Un animal calquera ao pouco de nacer xa se vale por si mesmo, ou polo menos sobrevive con moi poucos coidados. As persoas necesitamos axuda e compaña doutras persoas desde o intre de nacermos, e mesmo desde antes. Pero non acaba aquí a nosa dependencia dos semellantes; para alimentármonos, educármonos, aprendermos unha profesión... seguimos dependendo doutras persoas, e estas, á vez, dunha sociedade organizada que ofreza medios para que cada individuo desenvolva a súa personalidade.

Se o ser humano vive en sociedade, cómpre organizarse para que a convivencia sexa posible.

Esta organización é precisa desde os grupos máis reducidos, como a familia, aos máis extensos, como a comunidade internacional.

As persoas viven en sociedade desde as tribos máis primitivas ata os pobos máis desenvolvidos. Con todo, o planeta Terra está cheo de problemas, de tensións, de desigualdades; diferenzas que se poderían reducir a problemas de convivencia.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0