1.4.1 Características do Estado
-
Os estados xeralmente son plurinacionais e pluriculturais: nos estados adoitan convivir persoas de diferentes culturas e nacionalidades.
-
Os territorios dos estados están delimitados por fronteiras que os diferencian dos demais estados. Estas fronteiras poden ser terrestres, marítimas, aéreas e do subsolo. As fronteiras establécense por motivos históricos ou políticos e poden basearse en elementos naturais (cordilleiras, ríos) ou xeográficos (paralelos, meridianos).
-
Toda a poboación que vive no territorio e que forma un Estado está gobernada polas mesmas leis: ten os mesmos dereitos e as mesmas obrigas.
-
Existe unha organización política común e o poder está repartido dentro do Estado.
-
Posúe unha serie de símbolos identificadores: unha bandeira, unha capital, un himno, etc.
-
Goza de recoñecemento internacional e, xa que logo, ten representación nos organismos internacionais e mantén relacións diplomáticas con outros estados.
Practicamente todos os territorios do planeta están actualmente baixo a administración dun Estado, incluídos as zonas polares e os desertos. Ás veces, as fronteiras entre estados son obxecto de litixios e poden orixinar guerras entre eles.
-

Madrid converteuse na capital de España en 1561, cando o rei Filipe II trasladou alí a súa corte
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0