Saltar navegación

1.1.2 Pluralismos

Pluralismo político

Cada persoa ten as súas propias ideas e opinións. Todos somos distintos, temos problemas diferentes e formas de pensar a miúdo diverxentes.

Nunha sociedade pluralista conviven pacificamente diferentes ideoloxías. O pluralismo político maniféstase a través dos partidos políticos: asociacións de persoas cunha ideoloxía común e coa intención de influír no goberno do país ou de alcanzar o poder.

O conxunto de institucións políticas que funcionan nun país, e que constitúen a súa forma peculiar de goberno, é o seu sistema ou réxime político.

Pluralismo relixioso

Non todas as persoas teñen as mesmas crenzas relixiosas. O home primitivo sentía a necesidade de crer nun ser superior que o protexese dos fenómenos naturais que non sabía explicar: vento, lóstregos, tronadas, etc. Actualmente, na segunda década do século XXI, a persoa segue interrogándose sobre a existencia, a inxustiza, a dor, a morte…

As respostas a estas interrogantes son múltiples. Uns atópanas na relixión: hai un ser superior co que queren comunicarse a través da oración e duns ritos. Outros atópanas no traballo, na xustiza, na ciencia, na estética…

Hai numerosas relixións no mundo: cristianismo (católicos, ortodoxos, protestantes...), islamismo, budismo, confucianismo, sintoísmo, brahmanismo, etc.

 

Todas as persoas teñen dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de ter ou de adoptar a relixión ou as crenzas, individual ou colectivamente, tanto en público coma en privado, mediante o culto, a celebración dos ritos, as prácticas e o ensino”.

Pacto internacional dos dereitos civís e políticos. ONU

 

       

Cruz. Cristianismo.

Media lúa. Islamismo.

Yin Yang. Taoísmo.

Estrela de David. Xudaísmo.

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0