1.3.2 Diferenzas entre estados democráticos e non democráticos
-
Democráticos
Non democráticos ou autoritarios
-
A soberanía (o exercicio do poder) reside no pobo porque os seus cidadáns elixen os seus gobernantes .
-
O voto de todos os cidadáns e cidadás serve para expresar a vontade xeral.
-
Quen teña o poder debe respectar a constitución.
-
Un sistema democrático ten pluralismo político.
-
As eleccións democráticas deben ser: libres, plurais, por sufraxio universal e periódicas.
-
División de poderes: en todo sistema democrático existe división de poderes para que ningunha institución ou persoa os acapare.
-
Os estados democráticos respectan e defenden os dereitos e as opinións das minorías.
-
A preeminencia e o respecto das leis constitúen un auténtico Estado de dereito.
-
O poder do Estado e a actuación do Goberno non teñen límites nin control; á cidadanía non se lle recoñecen dereitos.
-
A soberanía reside nunha soa persoa ou nun grupo reducido de persoas. A cidadanía non pode participar no Goberno.
-
Non existe pluralismo político nin ideolóxico. Ás veces só se permite a existencia dun partido único que sustenta o Goberno; noutras ocasións, o pluralismo político está limitado polas leis.
-
Non hai eleccións libres.
-
Non se respecta a división de poderes.
-
Control da política económica.
-
Non existe un Estado de dereito que garanta as liberdades individuais e colectivas e os dereitos humanos.
-
Represión indiscriminada á disidencia política
-
Unha república é un Estado en que o xefe de Estado é un presidente elixido polos cidadáns.
Estados laicos
Nestes estados existe separación entre o Estado e a Igrexa, o que significa que:
-
As autoridades eclesiásticas non teñen poder político.
-
As normas fundamentais do Estado non se basean en ningunha doutrina relixiosa.
Nestes países xeralmente existe liberdade relixiosa e a cidadanía pode profesar ou non unha relixión. Pode ocorrer que calquera crenza estea prohibida ou marxinada da vida pública.
En certas ocasións os estados laicos establecen acordos con algunhas confesións relixiosas para ofrecerlles certas vantaxes, debido sobre todo á súa forte implantación social.
-
O gran inquisidor, cardeal Fernando Niño de Guevara. Cadro de El Greco (1541-1614).
Nalgunhas épocas da historia a Igrexa tivo gran poder político, económico e social..

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0