Saltar navegación

1.4.3 Diferenzas entre Estado e nación

Estadoe nación non significan o mesmo. Estado é unha entidade política; nación refírese ao sentimento de pertenza a unha comunidade baseado en razóns históricas, étnicas, lingüísticas ou relixiosas.

O concepto de nación xurdiu con forza a finais do século XVIII durante a Revolución Francesa e consolidouse durante o século XIX en Europa e América, e durante o século XX en Asia, África e Oceanía.

Ás veces unha nación abrangue habitantes dun só Estado. Noutros casos, nun mesmo Estado coexisten varias nacionalidades, que se basean na diversidade cultural ou son efecto da inmigración. Tamén pode existir unha nación maior que o Estado.

Existen nacións sen Estado. Os integrantes desas nacións comparten o sentimento de pertenza á mesma comunidade, pero non posúen un territorio nacional, caso dos palestinos ou dos curdos.

 

Os curdos constitúen unha nación sen Estado. O pobo curdo é un exemplo de etnia fraccionada por fronteiras arbitrarias.

 

 

 

Evolución xeopolítica de Palestina e Israel

A ONU acordou en 1947 o plan de partición de Palestina en dous estados, un árabe e outro xudeu, divididos en porcións de territorio apenas comunicadas. Isto xerou unha serie de enfrontamentos bélicos entre árabes e hebreos (guerras de 1948, 1956 e 1967). Aínda está por resolver unha distribución equitativa do territorio e a creación dun Estado palestino que poña as bases da seguridade e da xustiza na zona.

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0