Saltar navegación

1.4.2 Funcións do Estado

  • Establece as leis que rexen os seus cidadáns.

  • Fai cumprir esas leis.

  • Mantén a orde interior, a través da policía. Pero ás veces isto non acontece e nalgúns territorios aparecen exércitos particulares ou guerrillas, e a poboación atópase desprotexida. Outras veces, os propios estados vulneran os dereitos da cidadanía e oprímena.

  • Mantén a seguridade exterior, a través do exército.

  • Relaciónase con outros estados mediante a política exterior. Os estados relaciónanse para acordar as transaccións económicas, os intercambios comerciais, o tránsito de persoas, a modificación de fronteiras… Estes aspectos soluciónanse xeralmente de xeito pacífico, pero ás veces poden xurdir conflitos que desembocan en guerras.

  • Dirixe a política económica que desenvolve o país, mediante leis que regulan a actividade empresarial e o mercado laboral.

  • Xestiona os servizos e os equipamentos colectivos. O Estado proporciónalle certos servizos á poboación, como a educación, a sanidade, a creación e o mantemento de infraestruturas.

  • O Estado encárgase de recadar impostos para pagar estes servizos á cidadanía: as infraestruturas, as axudas aos territorios que o integran, e as axudas aos cidadáns (prestacións da seguridade social: subsidio de paro, pensións, asistencia médica…). Existen grandes diferenzas entre os servizos prestados entre un Estado e outro.

    • Hai estados que lles ofrecen moitos servizos aos cidadáns, como a sanidade e a educación gratuítas, ou salarios a parados, a enfermos e a pensionistas. Como contrapartida, hai impostos moi altos á súa poboación, caso dos estados europeos.

    • Outros ofrecen menos servizos públicos, e esixen menos impostos, caso dos EEUU.

    • Os máis pobres non poden ofertar servizos, ou case ningún, e a grande maioría de poboación carece de protección social.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0