1.6.2 Dificultades para implantar réximes democráticos
As dificultades de implantación de réximes democráticos en moitos países de África e Asia e nalgúns países de América Latina están relacionadas con condicionantes económicos e sociais. Ao longo do século XX a implantación da democracia en Latinoamérica, Asia e África foi moi difícil; aínda moitos países están sometidos a sistemas ou gobernos que non respectan as liberdades democráticas. Hai condicionantes que dificultan o desenvolvemento de democracias estables:
Condicionantes económicos
-
Sectores económicos pouco competitivos, dependencia do exterior e pouca diversificación económica.
-
Débedas externas.
-
Inflación.
-
Baixo desenvolvemento tecnolóxico.
-
Fortes déficits públicos.
Condicionantes políticos
-
Elevado grao de corrupción, que dificulta a aplicación das leis e o respecto polos dereitos da cidadanía.
-
Aparición de movementos revolucionarios, populistas e autoritarios, que provocan unha forte inestabilidade política.
-
Rivalidades étnicas e tribais.
-
Enfrontamento entre estados por áreas xeográficas de interese económico ou político.
-
Existencia de réximes políticos vinculados a un partido único, ditaduras militares ou cunha forte influencia relixiosa.
Condicionantes sociais
-
Forte desigualdade social con tendencia á polarización entre unha minoría enriquecida e unha gran maioría que se empobrece progresivamente.
-
Desigualdade moi acentuada entre o medio rural e o medio urbano.
-
Altos niveis de pobreza: millóns de persoas viven con menos dun dólar ao día.
-
Oposicións das oligarquías ás reformas sociais.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0