Saltar navegación

1.4.5 Os estados e a economía

Dependendo de como interveñen na economía, os estados poden ser:

 

Estados liberais

Estados sociais

Estados totalitarios

Neste modelo o Estado procura non intervir na economía do país nin nas relacións sociais.

Considera que a economía debe funcionar polas súas propias regras.

Cre que a oferta e a demanda regularán os prezos e as condicións laborais, o que creará riqueza e traballo para todos.

Defenden a necesidade de intervir nalgúns aspectos económicos e sociais dos países: crean e regulan o sistema de pensións, os subsidios de paro, salarios mínimos, sistema de contratación, ensino obrigatorio, sistema de seguridade social...

A finalidade é conseguir a maior igualdade posible entre a cidadanía.

Controlan a economía e a sociedade de acordo coa súa ideoloxía e mesmo a vida privada da cidadanía, impondo ideas relixiosas, valores… a través da propaganda e do control dos medios de comunicación.

Actividades propostas

S15. Estado.

    • Que características definen un Estado? Funcións do Estado.

    • Que necesidades sociais se cobren cos impostos?

S16. Conceptos

    • Explique estes conceptos: Estado, nación, Estado multinacional.

    • Que diferenzas existen entre Estado unitario centralizado e descentralizado?

    • Que é un Estado federal?
 

S17. Complete as frases:

 

  • Un Estado é aquel que ten unha administración central que controla todo o seu territorio.

  • Un Estado está composto á súa vez por varios estados. O Estado ten unha Administración que se ocupa da política exterior e doutros asuntos como , ... Á súa vez, cada Estado conta cunha administración independente.

 

  

S18. Formas de Estado. Observe. Portugal está representado cunha mazá; os Estados Unidos, cunha mandarina; a Confederación Helvética, cun acio de uvas.

 

  • Que é unha confederación?

 

 

 

Debuxo que representa un Estado unitario centralizado, un Estado federal e unha confederación

 

S19. Intervención do Estado na economía.

    • Vantaxes e inconvenientes dun réxime social e doutro liberal.

    • Sinale as semellanzas e diferenzas entre un Estado de tipo social e outro totalitario.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0