2. Resumo de contidos
Persoa, ser social
-
Os humanos necesitamos da sociedade para sobrevivir.
-
Para convivir necesítase tolerancia, respecto e participación na vida da comunidade.
-
As actitudes de tolerancia, civismo, igualdade, pluralismo e diálogo son indispensables para convivir.
-
Dificultan a convivencia: a intolerancia, o incivismo e violencia, a desigualdade, o afán de consumismo.
-
O pluralismo político maniféstase a través dos partidos políticos.
-
O pluralismo relixioso obriga a respectar as crenzas relixiosas.
Necesitamos organizarnos
-
A convivencia necesita organización social. A forma máis humana de organizarse é a democracia: “o goberno do pobo, polo pobo e para o pobo”.
-
A democracia fundaméntase no consentimento dos gobernados.
Historia da democracia
-
A democracia naceu en Atenas no século V antes de Cristo.
-
As primeiras declaracións dos dereitos das persoas aparecen a finais do século XVII.
-
Nos séculos XVIII e XIX recoñécense outros dereitos.
-
A comezos do século XX estes dereitos empezan a ser recoñecidos nas Constitucións dos estados.
Principios fundamentais da democracia
-
Igualdade ante a lei. “Os españois somos iguais ante a lei”.
-
Liberdade individual. “ Toda persoa ten dereito á liberdade e seguridade”.
-
Representatividade. Participación a través do voto para elixir representantes.
Ideas clave da democracia
-
A soberanía, que reside no pobo.
-
O sufraxio, dereito ao voto.
-
Unha Constitución, respectada por todos.
-
Maiorías e minorías. A decisión maioritaria considérase vontade xeral.
-
Representación e participación. Co voto elíxense os representantes que nos gobernan.
-
Liberdade: de expresión, de opinión e de crenzas.
-
Partidos políticos. Pluralismo político.
-
División de poderes:
-
-
- Lexislativo: Parlamento.
-
-
-
- Executivo: Goberno.
-
-
-
- Xudicial: tribunais de Xustiza.
-
Institucións democráticas
-
As institucións democráticas deben garantir e satisfacer as liberdades e os dereitos dos cidadáns.
-
A democracia pode ser directa ou representativa.
Características dun sistema democrático
-
Unha Constitución.
-
División de poderes: executivo, lexislativo e xudicial.
-
Dereito a votar.
-
Dereito á propiedade.
-
Pluralismo.
-
Liberdade de expresión.
-
Liberdade de prensa.
-
Liberdade de asociación.
-
Cidadáns educados e informados.
Sistemas políticos democráticos actuais
-
Parlamentarios.
-
Presidencialistas.
-
Semipresidencialistas.
-
Directorial.
-
Monárquico parlamentario.
-
Federal.
Sistemas políticos non democráticos
-
Ditaduras.
-
Teocracias.
O Estado
-
O Estado é unha unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e somete os cidadáns á súa autoridade.
Características dun Estado
-
-
Delimitado por fronteiras.
-
Poboación rexida polas mesmas leis.
-
-
Plurinacional e pluricultural.
-
Identificado con símbolos: bandeira, himno, escudo.
-
Recoñecido internacionalmente.
Funcións dun Estado
-
Fai cumprir as leis.
-
Mantén a orde interior e exterior.
-
Dirixe a política económica.
-
Xestiona os servizos e equipamentos colectivos.
-
Recada impostos.
Organización interna do Estado
-
Estado unitario centralizado.
-
Estado unitario descentralizado.
-
Estado federal.
Os estados e a economía
-
Estado liberal: procura non intervir na economía nin nas relacións sociais.
-
Estado social: trata de intervir en aspectos económicos e sociais do país.
-
Estado totalitario: controla a economía, a sociedade e a vida privada dos cidadáns.
Diferenzas entre Estado e nación
-
Estado: sociedade humana asentada permanentemente nun territorio, suxeita a un poder soberano que xera e aplica unha orde xurídica para acadar o ben público temporal dos seus membros.
-
Nación: comunidade de persoas que teñen conciencia de lazos étnicos, históricos, lingüísticos que os unen.
Responsabilidade cidadá: os impostos
-
A través dos impostos distribúense os recursos e os bens entre os cidadáns para garantir a igualdade de oportunidades e a protección dos membros máis débiles.
-
Os impostos poden ser directos (IRPF) ou indirectos (IVE).
-
Os impostos serven para:
-
Soster a seguridade social.
-
Pagar as pensións.
-
Facilitar a educación gratuíta.
-
Construír vivendas sociais.Construír e xestionar estradas e ferrocarrís.
-
Construír hospitais, escolas, centros sociais…
-
Manter as forzas de seguridade.
-
Desenvolver políticas de benestar social.
Orzamentos xerais do Estado
-
Os orzamentos cobren a previsión de ingresos e gastos do Estado para cada ano.
Bens de uso común
-
Son os camiños, ríos, canles, portos, pontes, edificios públicos… Os recursos naturais e os bens de uso común son para todos.
Servizos públicos
-
Son os que ofrece o Estado aos cidadáns e ás cidadás: xustiza, educación pública, sanidade pública, seguridade pública, investigación e transportes públicos.
Responsabilidades cívicas
-
Debe haber un compromiso individual coa comunidade, para as persoas e para os bens comúns.
Participación cidadá
-
As persoas podemos participar nunha democracia a través de asociacións voluntarias:
-
Partidos políticos.
-
Sindicatos.
-
Asociacións profesionais.
-
Asociacións de base.
-
Organizacións non gobernamentais (ONG).
A democracia hoxe
-
Moitas nacións non teñen réximes democráticos. Abundan os réximes que non recoñecen os dereitos fundamentais dos cidadáns, os das minorías étnicas ou relixiosas.
-
A democracia ofrece moitas vantaxes.
-
Perigos da democracia: a corrupción, a debilidade ante o terrorismo, e o neofascismo, o racismo e o fundamentalismo.
Retos da democracia
-
As democracias teñen que enfrontarse a moitos retos: manter a diversidade cultural, favorecer a ecoloxía, adaptarse á globalización, loitar contra a desigualdade…
Dificultades para implantar réximes democráticos
-
Hai serias dificultades para implantar réximes democráticos en Latinoamérica, Asia e África. Os condicionantes poden ser económicos, políticos e sociais.
Relacións entre estados
-
Políticas:
-
Os estados teñen menos capacidade para dirixir o espazo económico e político.
-
O islamismo político introduciuse no panorama internacional.
-
Potencias emerxentes, como China, adquiren protagonismo.
-
Económicas:
-
Relacións entre países ricos.
-
Países en desenvolvemento.
-
Países pobres.
Declaracións e organismos internacionais
-
A globalización favoreceu o desenvolvemento das relacións entre estados.
-
Os estados asinan declaracións internacionais de dereitos .
-
Os estados crean organismos internacionais.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0