Saltar navegación

1.6 A democracia hoxe

Na actualidade, moitas nacións non teñen réximes democráticos. Abundan os réximes autocráticos que gobernan de xeito absoluto e que se negan a recoñecer os dereitos fundamentais da cidadanía, ou das minorías étnicas ou relixiosas. Aínda agora as mulleres non teñen dereito a voto en países como Arabia Saudita. En Bután só se permite un voto por familia e en eleccións locais.

A democracia é preferible que outros réximes políticos desde dous puntos de vista: o da xustiza e o da eficacia. É máis xusta que unha ditadura, un réxime en que só unha persoa decide. A democracia permite a prosperidade e un goberno máis xusto.

 

Vantaxes da democracia

  • A democracia, ao esixir que goberne a maioría, garante unha ampla base ao poder político, que gaña estabilidade.

  • O poder político é un poder responsable; debe render contas ante os votantes, que poden renovar a confianza ou non, segundo a súa eficacia.

  • A democracia é un poder lexítimo, xa que gobernan os representantes da maioría.

  • Facilita o cambio e o progreso das sociedades, protexendo as minorías.

  • É un réxime estable e flexible.

  • Protexe os dereitos humanos.

  • Protexe a pluralidade.

 

A democracia pode correr perigos.Nela pode desenvolverse a corrupción, que aínda que menor que en países non democráticos, existe e debe combaterse.

Outro perigo é a súa debilidade ante os que queren destruíla, como os terroristas, xa que os Gobernos non poden utilizar procedementos non democráticos para loitar contra eles.

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0