Saltar navegación

3. Test de autoavaliación

 

1Estado e nación son dous termos...

Sinónimos.

Que non significan o mesmo; Estado é unha unidade política e nación refírese a un sentimento de pertenza a unha comunidade.

Que non significan o mesmo. Estado refírese a un sentimento, nación a unha unidade política.

Que se refiren á distribución do territorio nun país.


2. O Estado establece as leis que rexen os seus cidadáns, función desempeñada polos...

Parlamentos.

Tribunais.

Cidadáns.

Xuíces.


3. Os estados ......... son aqueles en que o xefe do Estado é unha persoa que posúe o seu cargo por dereito de nacemento e que se transmite de pais a fillos.

Republicanos.

Monárquicos.

Laicos.

Ditatoriais.


4. Cal destas características non define un Estado democrático?

División de poderes.

Prohibición de partidos políticos e sindicatos.

Liberdades individuais e dereitos humanos.

Elección dos representantes públicos.


5. O conxunto de leis que rexen un Estado democrático, aprobadas por votación é:

O Estatuto.

A Constitución.

A Declaración de dereitos.

A Carta magna.


6. En todo Estado existen tres poderes: lexislativo, executivo e xudicial. A función executiva correspóndelle a...

Os tribunais.

O Goberno.

O Parlamento.

O Valedor do Pobo.


7. Os impostos directos gravan os ingresos e as propiedades das persoas. En España este imposto coñécese como...

Imposto sobre os bens inmobles.

Imposto sobre a renda das persoas xurídicas.

Imposto sobre a renda das persoas físicas.

Imposto sobre os rendementos empresariais.


8. O Estado ofrécelle á cidadanía servizos públicos, a través das administracións, para mellorar a vida en comunidade e facer efectivos os dereitos fundamentais desa cidadanía. Cal destes servizos non é público?

Policía Nacional.

Educación pública.

Xuíces e maxistrados.

Grandes superficies comerciais.


9. Que asociacións procuran mellorar as condicións laborais e o salario dos traballadores?

Os partidos políticos.

As ONG.

As asociacións de veciños.

Os sindicatos.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0