1.3.1 Sistemas políticos
Democráticos
-
Parlamentario. O poder deriva do Parlamento. Prototipo: Reino Unido.
-
Presidencialista. División ríxida de poderes, que atribúe con carácter independente e exclusivo as funcións lexislativas e executivas. Prototipo: EEUU.
-
Semipresidencialista. Combinación de sistema parlamentario e presidencialista. Modelo: Francia.
-
Directorial. A Asemblea Federal (Parlamento) elixe o Consello Federal, supremo órgano executivo. Único exemplo: Suíza.
-
Monárquico parlamentario. Réxime establecido en España, como establece a Constitución no artigo 1. 3: “A forma política do Estado español é a Monarquía parlamentaria”.
-
Federal ou federalismo. Sistema de goberno dunha federación de estados autónomos que nos asuntos de interese xeral están suxeitos ás decisións dunha autoridade central. Exemplo: Alemaña.
Sistemas políticos non democráticos
-
Ditadura. O poder político está nas mans dunha soa persoa ou dun grupo minoritario que goberna segundo os seus intereses. Estas minorías poden ser o exército, un grupo étnico ou racial, a aristocracia económica ou relixiosa, un partido político... Como consecuencia, a gran maioría dos habitantes están excluídos da vida política.
- Non existe división de poderes, polo que os poderes públicos poden cometer abusos sobre a cidadanía e quedar impunes.
-
Non existe un Estado de dereito que garanta as liberdades individuais e colectivas e os dereitos humanos.
-
Teocracia. Os libros sagrados convértense na lei e os relixiosos ocupan o Goberno ou teñen poder para decidir as políticas gobernamentais.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0