1.6.1 Os retos da democracia
-
Diversidade: multiculturalismo e convivencia pacífica entre as culturas.
-
Desenvolvemento da ciencia e da tecnoloxía, que contribúa ao benestar social.
-
Crise ecolóxica e ameaza do cambio climático.
-
Consumo responsable.
-
Intensificación das relacións a escala planetaria, globalización das relacións entre individuos, grupos humanos e países.
-
Consecuencias da globalización.
-
Crecemento económico da desigualdade.
-
Papel da pobreza como xerador de conflitos.
Neofascismo, racismo e fundamentalismo
Malia os adiantos formidables desta civilización, non se erradicaron as perigosas ideoloxías que defenden a apoloxía da violencia. O neofascismo, o racismo e o integrismo son exemplos deste fenómeno.
- Neofascismo: agroma en Europa canda o incremento da inmigración nos países ricos e o malestar social provocado polas elevadas taxas de paro. A visión simplista da ultradereita acusa ao colectivo de inmigrantes, procedentes do sur, do engrosamento das listas do paro. O certo é que a man de obra estranxeira, máis barata, realiza traballos non cualificados, rexeitados polos traballadores autóctonos. Este sentimento de xenofobia aparece tamén fóra de colectivos neofascistas.
-
Racismo: considera que unha raza, a propia de quen fai esta apoloxía, é superior ás outras. Os abrollos racistas sobreveñen nas colectividades onde existen etnias en conflito. Para que se dea tal circunstancia, a raza ou etnia autoconsiderada superior sospeita que a outra é un perigo inminente. En España presúmese de non ser racista, pero, os xitanos ou magrebís reciben trato non racista? Durante moito tempo, tras a Segunda Guerra Mundial, aceptouse o suposto de que entre a poboación branca europea non existía racismo, pero algúns conflitos posteriores explicitaron este sentimento latente.

-
Fundamentalismo ou integrismo islamista: é un movemento político-relixioso musulmán nado no século XX; defende a volta á observancia estrita das leis coránicas no ámbito social civil. Cando a sociedade se estrutura segundo presupostos dunha doutrina relixiosa, e a organización política do Estado se confunde coa xerarquía relixiosa, estase ante feitos fundamentalistas. En realidade, calquera relixión pode dar abeiro a estas intolerancias; de feito, o concepto naceu vinculado ao protestantismo cristián.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0