1.3 Institucións democráticas
O sistema democrático fundaméntase nas liberdades e nos dereitos individuais. As súas institucións teñen por obxecto garantir e satisfacer as liberdades e os dereitos da cidadanía. Podemos distinguir dous tipos de democracia:
-
Directa: a cidadanía decide reunida en asemblea ou por referendo: consulta popular.
-
Representativa: a cidadanía vota as persoas que gobernarán no seu nome durante un tempo establecido pola lei, formando parte do Parlamento.
-
Principais características dun sistema democrático
-
Unha Constitución: que limita os poderes e controla o funcionamento do Goberno.
-
División de poderes:
-
Executivo: Goberno.
-
Lexislativo: Parlamento.
-
Xudicial: xuíces, fiscais e maxistrados.
-
Dereito a votar e ser votado nas eleccións para unha ampla maioría da poboación (sufraxio universal).
-
Dereito á propiedade.
-
Pluripartidismo.
-
Liberdade de expresión.
-
Liberdade de prensa. Acceso ás fontes de información alternativas ás propias do Goberno.
-
Liberdade de asociación.
-
Cidadanía educada e informada dos seus dereitos e deberes.
-
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0