Saltar navegación

3. Exercicios de autoavaliación

Autoavaliación

 1. Os factores físicos que máis inflúen na configuración dun espazo agrario son...


O clima, o relevo e o solo.

O clima, o solo e a presión demográfica.

O arrendamento e a parzaría

O clima, o relevo e a deforestación.


 2. Cruz Gallástegui, Xosé Cornide e Antonio Raimundo Ibáñez son persoeiros relacionados, respectivamente:


Coa agricultura, coa música galega e coa louza.

Coa pesca, coa agricultura e co marquesado.

Co sector terciario, coa pesca e coa agricultura

Coa agricultura, coa pesca e coa industria.


 3. As materias primas son...


Produtos de orixe natural que o home transforma, a través das actividades industriais, noutros máis aptos para o consumo.

Calquera elemento que poida utilizarse para satisfacer necesidades humanas

Calquera elemento que poida utilizarse para satisfacer necesidades humanas.

Produtos obtidos do proceso industrial.


 4. Atopamos as fontes de enerxía renovable:


No vento, na biomasa, no uranio, no petróleo.

No sol, no mar, no uranio, no gas natural.

No sol, no mar, no vento e nas plantas.

No sol, no petróleo, no vento, no gas natural.


 5. O sector terciario comprende actividades que...


Non producen bens materiais, senón que prestan actividades e servizos. 

Non producen bens materiais e non se basean na prestación de servizos.

Producen bens materiais e baséanse na prestación de servizos.

Producen bens materias pero non prestan servizos como a sanidade.


 6. Principais industrias mundiais:


Siderúrxica. Mecánica. Química. Alimentaria.

Alimentaria. Química. De máquinas, ferramentas e instrumentos de precisión.

Siderúrxica. Mecánica. De máquinas, ferramentas e instrumentos de precisión. Química. Alimentaria.

Siderúrxica. Mecánica. Precisa. Alimenticia. Química


 7. A existencia de peixes nos mares depende de condicións:


Topográficas, climáticas e mineralóxicas.

Topográficas, salinosas e biolóxicas.

Climáticas, biolóxicas e de afloramento.

Topográficas, climáticas e biolóxicas.


 8. En Galicia hai explotacións mineiras de:


 Cobre, arxilas e lousas.

Granitos, arxilas e lousas

Prata, arxilas e lousas.

Granitos, arxilas, lousas e uranio.


 9. O turismo é unha das actividades máis importantes do sector terciario xa que...


Supón unha importante fonte de riqueza, activa outros sectores económicos e xera numerosos empregos.

O turismo non é unha actividade importante.

Malia non proporcionar grandes beneficios económicos, favorece a aparición de postos de traballo.

Supón unha importante fonte de riqueza, aínda que apenas xera postos de traballo e provoca unha alta contaminación nos países que o recibe.


 

 10. Cualifique a súa actividade como estudante nesta unidade de actividade económica (Alta, Media alta, Media baixa, Baixa):

 


 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0