1.4.2 O transporte
Os medios de transporte permiten o movemento de persoas e mercadorías por calquera lugar da Terra. Constitúen un importante factor de desenvolvemento económico. O seu desenvolvemento produciuse especialmente a partir da Revolución Industrial de mediados do século XVIII, aínda que foi nos séculos XIX e XX cando se perfeccionaron.
Clasificación do transporte
-
Polo contido: de mercadorías ou de pasaxeiros.
-
Polo número de pasaxeiros: individuais (bicicleta, ...) ou colectivos (autobús, ...).
-
Pola propiedade: públicos ou privados.
-
Polo medio polo que se desprazan:
-
Transporte terrestre.
-
-
-
Ferroviario: desenvolveuse no século XIX coa locomotora de vapor. Permite transportar grandes cantidades de produtos, a longas distancias, reducindo o custo e o tempo. Na actualidade, en zonas desenvolvidas, este medio de transporte está a cobrar un novo pulo grazas ás liñas de alta velocidade.
-
Por estrada: a aparición do automóbil favoreceu a aparición de estradas e autoestradas. É o medio máis empregado para o desprazamento de persoas e mercadorías en distancias curtas e medias. Medios: bicicletas, motocicletas, automóbiles, autobuses e camións.
-
-
-
Transporte naval: é o sistema máis importante para transportar mercadorías pesadas ou de gran volume a longas distancias. Entre as súas infraestruturas precisa de portos, embarcacións (fabricadas en estaleiros), conexións ás redes terrestres e boas condicións xeográficas.
-
-
-
Transporte fluvial: por ríos navegables ou lagos. Emprega barcos de reducida tonelaxe ou barcazas de pouco fondo. Destacan ríos como o Missisippi, Orinoco, Amazonas, Congo, Rihn, Volga ou Danubio.
-
Transporte marítimo: flotas de barcos, especializados pola carga. As principais rutas son a do Atlántico norte (entre Europa e os Estados Unidos de América), a do Índico e o Mediterráneo (a través da canle de Suez, que une os territorios petrolíferos do golfo Pérsico con Europa) e a do Índico e o Pacífico (entre os Estados Unidos e o leste de Asia, a través da canle de Panamá).
-
-
-
Transporte aéreo: medio de transporte máis moderno, rápido, cómodo e para distancias medias ou longas. Caro. Especializado en turismo ou negocios. Precisa instalacións fixas (aeroportos) e móbiles (avións).
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0